Thursday 19 de September de 2024

A Biblioteca de Riveira amplía o seu horario a partir da segunda quincena de xullo


O Concello de Riveira informa do inicio a partir da segunda quincena de xullo do horario de verán da Biblioteca Pública Municipal de Riveira na que está instalación amplía aínda máis o número de horas en que abre as súas portas.

Así, a instalación situada na rúa Manuel Lustres Rivas, 20, estará operativa do 18 ao 29 de xullo de luns a venres, de 8 a 14 e de 16 a 21 horas.

Polo que respecta ao mes de agosto, funcionará todo o mes en horario case ininterrompido: de luns a venres de 9 a 14 e de 15 a 21 horas (unicamente se pecha por labores de limpeza) e os sábados de 9 a 13 horas, consolidándose como a de maior apertura da comarca.